| dc.contributor.author | Ranero Riestra, Laura | |
| dc.date.accessioned | 2026-05-26T12:56:03Z | |
| dc.date.available | 2026-05-26T12:56:03Z | |
| dc.date.issued | 2023 | |
| dc.identifier.citation | Ranero Riestro, L. (2023). A Formula vitae honestae. En Manuel Gago (coord.), Como levar una vida honesta. Consello de Martiño de Dumio a Miro, rei de Galicia (pp. 91-101). Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. | es_ES |
| dc.identifier.uri | http://hdl.handle.net/10366/171609 | |
| dc.description.abstract | [GL]O pequeno tratado filosófico da Formula vitae honestae parte das catro virtudes cardinais —prudencia, magnanimidade, continencia e xustiza—para crear unha guía moral que permita levar unha vida recta, ou, como di o propio título da obra, unha vida honesta. Esta obra foi composta por Martiño de Dumio no século vi, en concreto entre os anos 570 e 579, período en que Miro gobernou o reino suevo (desde a súa coroación ata a súa morte), dado que a obra vai dedicada a este rei de maneira explícita (Mironi regi).
Na Formula conflúen dous dos motivos que aparecen na produción de Martiño de Dumio: o tema moral, que neste caso toma a base do estoicismo senequiano para moldealo ao ascetismo cristián, e o fondo pedagóxico (como ocorre no seu De correctione rusticorum), que se mantén, neste tratado, intimamente ligado ao contexto político do seu tempo. Na sociedade sueva deste período non había unha separación clara entre o ámbito civil e o relixioso, polo tanto a vida do bracarense, en canto que máximo representante eclesiástico da arquidiocese de Braga, non pode desligarse da vida política. A influencia do bispo foi crecendo
desde a súa chegada á Gallaecia e incrementouse co ascenso ao poder do rei Miro, de quen fora mentor cando este era aínda príncipe, é dicir, durante o reinado do seu pai Teodomiro (quen reinou desde o ano 559 ata o 570).
Pasa entón Martiño a exercer o papel de conselleiro e convértese na persoa de confianza do rei e nunha figura fundamental entre as personalidades eclesiásticas que tiveron influencia sobre Miro. | es_ES |
| dc.format.mimetype | application/pdf | |
| dc.language.iso | spa | es_ES |
| dc.publisher | Consello da Cultura Galega | es_ES |
| dc.rights | Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International | es_ES |
| dc.rights.uri | http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/ | es_ES |
| dc.subject | Formula vitae honestae | es_ES |
| dc.subject | Crítica textual | es_ES |
| dc.subject | Transmisión textual | es_ES |
| dc.subject | Literatura medieval latina y románica | es_ES |
| dc.subject | Textual criticism | es_ES |
| dc.subject | Textual transmission | es_ES |
| dc.subject | Medieval Latin and Romance literature | es_ES |
| dc.title | A Formula vitae honestae | es_ES |
| dc.type | info:eu-repo/semantics/bookPart | es_ES |
| dc.subject.unesco | 72 Filosofía | es_ES |
| dc.subject.unesco | 6202.01 Crítica de Textos | es_ES |
| dc.identifier.doi | 10.17075/cluvh.2023.006 | |
| dc.rights.accessRights | info:eu-repo/semantics/openAccess | es_ES |
| dc.type.hasVersion | info:eu-repo/semantics/publishedVersion | es_ES |