Compartir
Titre
A temperá presenza militar romana (séculos II a.C. - I d.C.)
Autor(es)
Sujet
Arqueología romana
Campamentos romanos
Noroeste peninsular
Teledetección
Clasificación UNESCO
5504 Historia por épocas
5505.01 Arqueología
Fecha de publicación
2021-11
Éditeur
Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo (Ourense, España)
Resumen
[GA]Apresenza militar romana de época temperá (séculos II a.C. - I d.C.) na actual provincia de Ourense era ata hai pouco practicamente descoñecida. Os estudos sobre o exército romano nesta zona concentrábanse fundamentalmente no
forte romano de Aquis Querquennis (Bande, Ourense), cuxa ocupación se data en torno ao último cuarto do século I d. C. e inicios do II d. C. (Rodríguez Colmenero & Ferrer Sierra 2006; Puente et al. 2018), nunha cronoloxía moi posterior á conquista romana do territorio galaico. Nos últimos anos, grazas ao incremento da dixitalización da arqueoloxía coa introdución de novas técnicas de teledetección, desde o noso colectivo de investigación, Romanarmy.eu, puidemos localizar un conxunto de novos sitios militares romanos de carácter temporal na provincia de Ourense (Figura 1) (Costa-García et al. 2017, 2019). Estes sitios caracterízanse por unha materialidade de escasa entidade e pola pouca expresión das súas estruturas sobre o terreo (Peralta Labrador 2002). Deste xeito, só foi posible identificalos a través do uso das técnicas de teledetección de recente desenvolvemento, coma o LiDAR aéreo (Costa-García & Fonte 2017), que permite recoñecer o terreo baixo as densas cubertas vexetais do Noroeste. De forma xenérica, estes recintos cobren un abanico temporal entre o século II a.C. e inicios do século I d.C., un período histórico para o cal apenas dispoñiamos de datos arqueolóxicos sobre a presenza militar romana
URI
ISSN
1136-3207
Aparece en las colecciones